—Cobra sentido cando se mira e esperta emocións.
—Efectivamente. Ten esa parte de provocar devoción, sentimento; é dicir, interactuar co espectador. A arte sacra, relacionada coas procesións da Semana Santa, ten esa particularidade. O espectador pode ser crente e devoto, ou non. Ainda así, hai esa parte de emoción absolutamente viva e que continúa igual co paso do tempo. Penso que das cousas máis importantes da Semana Santa de Viveiro é como se involucra toda a comunidade. Toda. Ademáis do traballo da Xunta de Cofradías, todas as cofradías e irmandades, tamén en xeral, o pobo, se involucra. As tradicións mantéñense porque se transmiten. Esta labor de transmisión é fundamental para a súa conservación. É trascendental que existan colectivos que custodian e difundan estas tradicións e os bens asociados a elas.