A Real Academia Galega reclama ao Principado a oficialidade tamén do galego no Occidente

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

A RAG diríxille unha carta ao presidente de Asturias e ao Parlamento autonómico

11 ene 2022 . Actualizado a las 18:27 h.

A Real Academia Galega reclama ao Principado de Asturias que contemple a oficialidade do galego en igualdade de condicións ao asturiano, en concreto na zona do Occidente onde o que predomina é "a fala".

A RAG fíxolle chegar ao presidente da xunta xeral do Principado de Asturias, aos grupos parlamentarios e ao Goberno de Asturias o informe aprobado no seu último pleno ordinario a propósito da reforma do Estatuto de Autonomía do Principado. O texto analiza a consideración da lingua galega en Asturias ao longo das últimas décadas e detense na proposta de novo marco estatutario, que contempla a declaración de oficialidade do asturiano en todo a comunidade autónoma pero limita esta consideración para o galego exclusivamente no seu ámbito territorial.

Diante desta consideración, a RAG reclama o mesmo trato para as dúas linguas propias de Asturias, o galego e o asturiano, e critica ademais a escolla do glotónimo «eo-naviego», que parece ter como finalidade «facer invisible a existencia do galego» nas comarcas asturianas estremeiras con Galicia, é dicir, no Occidente de Asturias.