Nuno Pico: «Flipo cos que aprecian que me vaia ben sen igual molarlles o que fago»
A MARIÑA

No 2021 Grande Amore fíxose un oco entre C. Tangana ou Rosalía nas listas da mellor música
03 ene 2022 . Actualizado a las 14:34 h.Nuno Pico (O Valadouro, 1995) é o mozo detrás do proxecto «Grande Amore», que se converteu nunha das revelacións musicais do ano no Estado. Compuxo 21 cancións e quitou tres EP: un EP con Ortiga, outro con Mundo Prestigio e o seu debut en solitario. Escoitou desde o escenario ao público de Sevilla ou Madrid cantar as súas propias pezas. Coroou co seu primeiro traballo a lista dos mellores discos de España no 2021 elaborada pola web Hipersónica, uns chanzos por riba de C. Tangana. E fíxose un oco entre ‘El Madrileño’ e Rosalía na foto da colleita dos mellores temas do exercicio para a revista Rockdelux.
—Imaxino que estará de descanso despois dun ano animado.
—Que va, non dou desconectado. Estou compoñendo cancións para o traballo novo e xa teño parte do que debera ser o repertorio.
—Tivo un éxito importante no 2021. Motiva ou engade presión á hora de facer cancións?
—Por un lado si que non tiña gana de parar e descansar, pero por outra si que me autopresiono bastante. Non é que tivese un éxito mundial, como AC/DC con ‘Highway to Hell’, pero as cancións funcionaron ben, e sempre teño a sensación de que o seguinte traballo vai ser o do fiasco, de que vou ser flor dun día, como lles pasou aos Vengaboys, e que vou acabar tocando en sesións vermú sen xente (risadas).