A Mariña berrou, pero hai quen non escoitou

Xorxe Caldeiro (CIG)

A MARIÑA

21 nov 2021 . Actualizado a las 14:38 h.

Á vista do artigo que asinou o señor Balseiro na prensa, só se poden sacar dúas conclusións:

Ou fala doutra manifestación distinta á do pasado día 17 en Burela, ou esqueceuse de quitar os tapóns dos ouvidos esa mañá. Hai, incluso, unha terceira explicación, que podería ser que os puxese adrede ao saír da casa esa mañá.

A multitudinaria manifestación de Burela puxo o colofón a unha xornada de Folga Xeral que foi secundada polo inmensa maioría da poboación da Mariña. Non é preciso dar cifras. Son máis elocuentes as imaxes que vimos en directo e as que transmitiron tanto prensa como televisión. Tamén podemos concluír a intensidade do paro a nivel comarcal polos milleiros de mariñás e mariñáns que participaron da manifestación.

O lema da convocatoria da folga era inequívoco: “Futuro para A Mariña; Industria, Infraestruturas, Sanidade”. Nas múltiples intervencións previas ao 17N que fixemos os sindicatos convocantes en prensa, radio, televisións; nas múltiples reunións que levamos a cabo con alcaldes, alcaldesas, asociacións sectoriais e empresariais, con empresas e con traballadores e traballadoras en asembleas, e tamén nos milleiros de volantinas que repartimos, deixamos claro que esta era unha folga pola comarca, unha folga para exixirlle aos gobernos CENTRAL e da XUNTA un compromiso real coa comarca.