A Mariña, un deputado

Bernardo Fraga Galdo (voceiro de Por Viveiro)

A MARIÑA

21 nov 2021 . Actualizado a las 14:31 h.

Lugo ten mar. O mar, que dirían os pescadores que habitan o meu pobo mariñeiro de Celeiro. O mar de Lugo, ten un nome encantado como moitas das tradicións desta terra chamada “A Mariña”.

A nosa comarca, ata a transición española, foi unha terra de pescadores, gandeiros, agricultores, e algún precursor que explotaba o noso agora crecente sector forestal. Unha estampa de pobos pequenos ás beiras do mar, e unha cabeceira de comarca en Viveiro como pequeno motor comercial.

Fai xa corenta anos, unha decisión do goberno español, transformou para sempre a vida dos nosos país. Deseñouse e construíuse un complexo industrial moderno e innovador, para a produción de alúmina e aluminio primario. Centos de persoas traballaron na súa construción e miles delas deixaron os seus empregos no mar e en terra para subirse ao carro do progreso.