Mobilización «contra a estafa da luz»

La Voz FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

Foi este domingo, en Foz, convocada pola CIG

04 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Foz foi este domingo unha das vilas galegas en donde a CIG volveu a organizar mobilizacións «contra a estafa da luz e por unha tarifa eléctrica galega». A central sindical chamou a levar as facturas da electricidade «para facer unha queima colectiva, simbolizando o queime das eléctricas que, mentres acumulan beneficios multimillonarios, abocan á clase traballadora á pobreza enerxética».