A Mariña brinda música, danza, monicreces e alfombras florais

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

MIGUEL

En Vegadeo continúa o mercado con medio cento de expositores

25 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Mariña e o Occidente de Asturias brindan este domingo unha ampla programación cultural e de ocio. Por exemplo, en Vegadeo celébrase o Mercado de Santiago, con medio cento de expositores de artesanía e produtos agroalimentarios no parque do Medal. Pola tarde hai actividades para nenos. E tamén no Occidente, en Castropol, poderá verse a alfombra mundial do Xacobeo, no altar maior da igrexa de Santiago. Desta iniciativa tamén participan Viveiro (coa Hermandad de Mujeres de La Santa Cruz), coa alfombra que se confeccionará na Praza Maior, co acto central ás 12.00 horas e a actuación de gaiteiros de Bágoas da Terra; Trasbar, en Cervo, xunto ó local social; e Tapia de Casariego, na praza da igrexa.

Día da Patria en Ribadeo

Ademais, en Ribadeo a banda municipal ofrecerá ás 21.00 horas o Concerto do Día da Patria. En caso de que choiva, o acto aprazarase.

Na Pontenova, ás 23.00 horas, comezará un espectáculo de danza coa compañía Propulsa. Será na praza de Os Fornos.

Dobre cita no Valadouro

No Valadouro hoxe hai unha dobre cita, ás 20.30 horas, Fantoches Baj representará a obra de monicreces «Os novos lobos», e ás 22.30 horas haberá cine, coa proxección na praza de Santa María da película «Cuñados».

Dúas propostas que conclúen este domingo son en Ribadeo a exposición de cunchas, fósiles e insectos no forte de San Damián, e en Foz o parque acuático instalado na pista do Campo da Cabana, que conta con unha rampla de 35 metros de altura.