Casa Chao: 90 anos de paixón comercial en Viveiro

Yolanda García Ramos
yolanda garcia VIVEIRO/LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Este luns, día 26, é o aniversario do inicio do negocio viveirense na rúa Margarita Pardo de Cela e da saga de Antonio Chao Vázquez, que fora un dos emigrantes ourolenses en Cuba

25 jul 2021 . Actualizado a las 23:23 h.

Tarefa ardua condensar 90 anos dunha traxectoria empresarial que une a unha familia. Son tres xeracións en Casa Chao, que este luns 26 cumprirá o dourado aniversario. A tenda naceu froito da inquietude emprendedora de Antonio Chao Vázquez en 1931 como ultramarinos, reconvertido en supermercado nos 60 co bum do sector pero voltando á esencia pola dura competencia das grandes superficies da alimentación, e porque «nunca podes perder a perspectiva do que fuches», di o seu sucesor máis novo da saga.

Imagen antigua de los años 60, cuando se transformó en supermercado
Imagen antigua de los años 60, cuando se transformó en supermercado

Francisco Chao Puentes, fillo do fundador, segue pisando aos seus 81 anos a tenda cada día, aínda que hai tempo pasou o testigo aos fillos, Francisco e Ángeles, na xestión e atención ao público. El, que na súa etapa máis activa déralle un xiro modernista ao negocio e comezara a imprimir o plus de calidade no produto que caracteriza a Casa Chao así como a impulsar a sección de botellería (iniciando, por exemplo, a venta do whiski xaponés moito antes que outros), ofrece aos seus descendentes unha experiencia impagable de 70 anos, pois descubriría o entramado comercial familiar xa dende moi neno. Tamén salpicada por crises, sempre remontadas, e coa da posguerra como unha das que máis lle marcou, recoñece el mesmo. A que levou a tantos galegos á emigración deixou pegada na vida de seu pai, que marcharía a Cuba. Alí adquiriu coñecementos en viños e destilados que sentaron as bases de Casa Chao ao voltar á terra. Dende que se remodelou o local en 2016, un recuncho do establecemento lembra aquelas bebidas «especiais e finas», á vez que segue a medra a colección.

Dos  joyas  de la familia Chao: la botella especial de Pedro Domecq a Antonio Chao Vázquez, fundador de Casa Chao, y el documento original del traspaso del local el 26 de julio de 1931
Dos joyas de la familia Chao: la botella especial de Pedro Domecq a Antonio Chao Vázquez, fundador de Casa Chao, y el documento original del traspaso del local el 26 de julio de 1931 Y. G.

Hoxe toca superar outro bache: o covid. «Cando foi do confinamento, meu pai díxome ‘vamos a estar tranquilos, nunca se vivió una situación como esta pero similares siempre; vamos a salir, poco a poco'», lembra Chao Pino. E así é. «En 90 anos que levamos, non se parou nunca», valora o actual xerente que tamén ten verbas de agradecemento para Diana, tamén na tenda, Bea que leva a parte económica e Lolita, que foi empregada deles case 40 anos, «como unha nai para nós».

Como escaparate que é tamén do bo producto mariñán, anima a «por en valor A Mariña». Labrar o futuro. Ao tempo, novas tecnoloxías obrigan a actualizarse; mentres preparan web recorren a ferramentas novas que «romperon o stock» no seu lanzamento, podendo chegar a clientes en calquer lugar. A clave é «equilibrar» a venta online que esixe rapidez sen perder de mimar a presencial e «saber adaptarse aos novos tempos» e «evolucionar».

El fundador, Antonio Chao Vázquez, natural de Ourol y que emigró a Cuba, fundando Casa Chao en Viveiro al volver a su tierra
El fundador, Antonio Chao Vázquez, natural de Ourol y que emigró a Cuba, fundando Casa Chao en Viveiro al volver a su tierra

Francisco Chao, neto do fundador: «Meu avó estaría orgulloso de nós»

Ás portas do 90 aniversario, o neto do fundador confesa: «Sinto responsabilidade pero sobre todo orgullo. Máis agora. Meu avó estaría orgulloso de nós, do seu legado, que non se veu mermado. Tamén fixo unha labor importante meu pai, que nos axudou a ver a parte de cultura no negocio». «E se non hai paixón —engade— olvídate. Ela lévate a buscar produtos novos, xerar emocións novas, ter unha predisposición boa cara o cliente. A paixón é a base». Aínda que non coñeceu a seu avó, corrobora que o seu espíritu está alí: «Moita xente dime que son coma el, que dicía ‘sigan pidiendo'».

Chegaron a este punto do camiño con «moito traballo», di seu pai, Francisco Chao Puentes, quen experimenta «satisfacción» indo cada día a Casa Chao, o seu motor. Atesora lembranzas como a intensa actividade na tenda antano cando tocaba feira, a época do racionamento, a emigración que obrigou «a gañar a peseta fóra» e o auxe posterior, ou o crecemento do negocio familiar, anticipando que «en cinco anos vai volver a cambiar todo».

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2013/10/25/casa-chao-distinguido-establecimiento-abierto-antiguo-casco-historico-viveiro/00031382703912449499333.htm

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2010/02/14/viveiro-mundo-entero/0003_8293960.htm

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2020/01/15/productos-gourmet-marina-tiron/00031579108232953310526.htm