Co presidente de Panamá, de raíces galegas

estíbaliz veiga ACTRIZ E PRESENTADORA

A MARIÑA

La actriz Estíbaliz Veiga, en Panamá
La actriz Estíbaliz Veiga, en Panamá

A actriz mariñá Estíbaliz Veiga entrevistou a Laurentino Cortizo

30 jun 2021 . Actualizado a las 11:01 h.

Cando me ollei a min mesma diante dun presidente dun país como a República do Panamá para entrevistalo en exclusiva, o corazón comezou a latexar intensamente. Eu, a neta de Antoño de Ciprián, de Celeiro de Mariñaos, nun despacho presidencial a piques de facerlle unha entrevista dunha hora a don Laurentino Cortizo. Un home de orixes humildes, fillo dun galego emigrante, procedente de Beariz, Ourense. E sobre todo, amante da nosa Terra.

Unha vez que me baixou o sofoco inicial apareceu a imaxe de meu avó e como me decía que todo iría ben, moi ben. E así foi, falamos de trastadas dun neno espilido, do amor, da vida da emigración… de todo iso e moito máis. Este sábado podedes compartir comigo esta charla chea de anécdotas ás 19.15, na Televisón de Galicia.

Un momento único o cal tiven a fortuna de ser eu, a nena da Mariña, a que puidera realizalo para todas e todos os galegos.