O Conservatorio de Viveiro amplía o prazo para anotarse no acceso a 8 especialidades

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

08 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Conservatorio de Música Profesional de Viveiro informa de que se amplía o prazo ata o 11 de xuño para realizar a matrícula para a proba de acceso ao primeiro curso do Grao Elemental en oito especialidades: flauta traveseira, clarinete, gaita, violoncello, trompeta, trompa, trombón e tuba. A proba vai dirixida a todos os nenos e nenas que desexen matricularse por primeira vez no Conservatorio no próximo curso. Deberán ter cumpridos ou cumprir este ano os 8 anos e non ter máis de 14. A proba terá lugar o 16 de xuño ás 16.30 horas. Ata a mesma data estará aberto o prazo para a matrícula para as probas de acceso ao primeiro curso do Grao Profesional. Debido á situación epidemiolóxica, para a matrícula ou calquera trámite administrativo deberá acudir á secretaría do centro con cita previa, podendo obtela no 982 560 486.