Por Viveiro pide que se amañe un dos accesos más usados da praia de Area

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

29 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo municipal de Por Viveiro solicitará ó Goberno local mediante un rogo no pleno que se celebrará o martes, 1 de xuño, o arranxo dun dos accesos máis usados na praia de Area antes de que arrinque a campaña de verán. Trátase do que está situado nas inmediacións do bar Flora. O voceiro, Bernardo Fraga, tamén adianta que presentará un rogo para que se repoñan tres árbores da beirarrúa da fachada da Praza de Abastos que dá a Benito Galcerán, e outro para subsanar as deficiencias nunha farola de iluminación que corre o risco de caer no campo da festa de Xunqueira.