Música e teatro para festexar hoxe o Día das Letras Galegas de Xela Arias

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Xaime Ramallal

17 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Distintas poboacións de A Mariña festexarán durante a xornada de hoxe a figura da poeta, tradutora e editora Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003) con distintas actividades relacionadas coa cultura. En Viveiro, haberá esta mañá unha acción colectiva titulada «Orgullodeser» e o gaiteiro David Bellas interpretará o Himno de Galicia desde o balcón da Biblioteca Pública Municipal ás 12.30 horas. O grupo infantil de gaitas Bágoas da Terra fará un pasarrúas ás 13.00 horas.

Teatro en Cervo e Ferreira

Mentres tanto, en Cervo, na Casa da Cultura, Ghazafelhos representará a obra de teatro «Monstros no camiño» a partir das 12.30 horas, e o cantautor Manoele de Felisa renderá un homenaxe pola tarde á poesía desde as 19.30 horas. Ademais, en Ferreira do Valadouro, Tarabela Creativa representará a peza «Sentido común» ás 19.00 horas no Centro Sociocultural Manuel Lourenzo. E en Ribadeo continuará a Feira do Libro Letras no Campo, que chega á sétima edición.