O BNG presentará mocións en todos os concellos da Mariña contra as peaxes na autovía

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Autovía del Cantábrico A-8 a la altura del alto de O Fiouco
Autovía del Cantábrico A-8 a la altura del alto de O Fiouco Alberto López

Considera a medida un «repago e cobro abusivo polo uso de infraestruturas»

16 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Bloque Nacionalista Galego presentará mocións en todos os concellos da Mariña para que os plenos se pronuncien sobre a intención do Goberno central de establecer peaxes nas autovías de titularidade estatal. Segundo os nacionalistas, o citado anuncio «xerou inquietude e preocupación en todo o país polos efectos sumamente negativos que esta medida pode xerar a nivel económico e social». Engaden que teñen manifestado a súa oposición a esta decisión do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que no seu día «tamén foi deseñada polo PP», e que pode xerar perxuízos nas empresas e nos traballadores. Nese senso, o BNG presentará mocións nos concellos, no Parlamento e no Concello para instar a paralizar o que cualifican de «repago e cobro abusivo polo uso das infraestruturas».