A Mariña namorada de Xela Arias

La Voz

A MARIÑA

UXIA CARRERA

Intensa a programación da comarca vencellada ao Día das Letras Galegas, de sábado a luns

15 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro luns 17 marca unha data moi especial no calendario. É o Día das Letras Galegas, unha xornada en torno á cal xiran varias actividades na Mariña.

  1.  Viveiro: Xincana, contacontos, arte e folclore. A programación das Letras Galegas do Concello de Viveiro ofrece ata o 17 a xincana cultural e familiar «Calexeando» (información en www.calexeando.com), este sábado na sala multiusos dúas citas de contacontos: Senlleiras de Pedro Brandariz (12.00) e Arredor de Xela de Raquel Queizás (18.00), con reserva previa de entradas no 654 208 333, o luns 17 acción colectiva «Orgullodeser» e interpretación de David Bellas do Himno de Galicia (balcón da Biblioteca Pública Municipal, 12.30) máis pasarrúas do grupo infantil de gaitas Bágoas da Terra (13.00). O concello anima cun video aos cidadáns a vestir unha peza do traxe rexional galego o Día das Letras.
  2. RIBADEO: Moita música. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá a súa primeira actuación no campo do colexio público Gregorio Sanz, este mesmo sábado a partir das 20.00 horas.
  3. Foz: Apertura de exposición, música e teatro. Este domingo 16 actuarán a Banda de Música de Foz e o grupo teatral Touporroutou (Campo da Cabana, 19.00). Ademáis, ata o 25 no Cenima xa se pode ver unha exposición de Egeria que honra a Xela Arias, baixo o título «Aquela nena de Sarria», con fotos e debuxos dela. Visitas de 9 a 14 e de 18 a 20.
  4. Cervo: Teatro e música. Este sábado 15 hai teatro (salón de actos do Concello, 12.30): Diáspora Teatro coa obra O Peirao. E o Día das Letras Galegas, na Casa da Cultura ás 12.30, Ghazafelhos representa Monstros no camiño (12.30) e o cantautor Manoele de Felisa homenaxea á poesía (19.30).
  5. Barreiros: Música e versos. No Centro Sociocultural barreirense, ás 18.00, este luns 17 haberá un recital con Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia, máis Lois Pérez.
  6. Alfoz: Teatro. Este sábado na Casa da Cultura ás 19.30, «A pluma viva de Rosalía» de Os Quinquilláns. As 20.30 será a entrega de premios dos certames das Letras.
  7. O Valadouro: Espectáculo. A cita, «Sentido común» de Tarabela Creativa, será no Centro Sociocultural Manuel Lourenzo, ás 19.00, o luns 17..