A Xunta e o comité reuníronse este luns en Santiago
19 abr 2021 . Actualizado a las 19:16 h.O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo este luns en Santiago de Compostela, unha reunión co comité de empresa de Alcoa San Cibrao para abordar a situación da planta da Mariña. Xunta e comité coincidiron na necesidade de que o Goberno achegue respostas en relación ao proceso de compra-venda da planta.
«A conclusión é que o Goberno debe trasladar respostas e transparencia en relación ao proceso de negociación de compra-venda nun contexto onde non se teñen producido avances. Ante a proximidade do 30 de abril é preciso que haxa certezas» asegurou Francisco Conde.
O vicepresidente económico explicou que o Goberno, a través da SEPI, «debe aclarar cal é o seu papel dentro do proceso e ser o elemento facilitador que permita a venda da planta; e que Alcoa debe garantir que se manteñen os termos nos que se negociou en setembro».
Conde lembrou que pasaron xa moitos meses desde que se iniciou este proceso e que existe unha urxencia «económica e social» xa que toda unha comarca está pendente de que se poida despexar o futuro dos traballadores da planta.
Este martes pola mañá visita a fábrica de Alcoa Ana Pontón, portavoz do BNG.