José López e María Herminia, 80 anos pero de casados en Cervo

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

El cumprirá este mes 99 anos, ela ten 96; casou, por tanto, con 16 anos

13 abr 2021 . Actualizado a las 19:30 h.

Hai historias de amor verdadeiras que por fortuna, e porque a saúde acompaña, perduran no tempo. Unha delas é a protagonizada por José López e María Herminia Crego, veciños do municipio mariñán de Cervo que acaban de cumprir oitenta anos de casados. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, achegouse este martes ata a parroquia de Castelo, para felicitar á parella con motivo da efeméride.

José, que ten 98 anos e que cumprirá os 99 este mesmo mes de abril, e María Herminia, de 96, conforman, desde logo, o matrimonio máis lonxevo do Concello.

Tal e como precisou posteriormente Villares, «foi un auténtico privilexio poder compartir uns intres nesta data tan especial con esta parella que casou un 12 de abril do ano 1941 e que desprenden unha enerxía e un positivismo que contaxian ao recordar centos de anécdotas vividas cunha memoria envexable».

O rexedor cervense levoulles unha planta de agasallo polo aniversario e desexoulles que sigan compartindo moitas experiencias de vida con esa saúde da que gozan a día de hoxe. José e María Herminia posaron con Villares no seu domicilio e cunha tarta coa que festexaron un día tan especial.