Falece Antón González Pérez, Sindín, membro no seu día do comité de empresa de Alúmina Aluminio

Vista da factoría de San Cibrao
Vista da factoría de San Cibrao

Fóisenos un amigo, un compañeiro, un bo e xeneroso ferreiro dun mundo mellor. Marchou Antón Gonzalez Perez, Sindín. Membro no seu día do Comité de Empresa de Alumina Aluminio e despois delegado sindical da CIG, defendeu alí onde lle tocase estar a súa labor sindical con coherencia e firmeza, mais tamén con ese positivismo, bo humor e eterno sorriso que o acompañou ata o final. Prexubilado xa dende hai uns anos, seguiu botando unha man no que fixera falta. Vaia dende aquí o recoñecemento dos seus compañeiros da CIG e demais membros do Comité de Empresa á súa traxectoria e á súa persoa e o noso apoio á familia, amizades. Ata sempre camarada, que a terra che sexa leve.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Tags
CIG
Comentarios

Falece Antón González Pérez, Sindín, membro no seu día do comité de empresa de Alúmina Aluminio