Convocan actos por el 8-M, Día de la Mujer, en toda A Mariña

La Voz VIVEIRO/LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Viveiro promove un 8-M con actividades pero sen concentracións

26 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

La plataforma Galegas 8-M A Mariña convocará manifestaciones y concentraciones en toda la comarca el próximo 8-M, Día de la Mujer, cumpliendo con las medidas de seguridad.

«En Cervo haberá unha dobre actividade, en San Cibrao manifestación que partirá ás 12 da Praza da Casa da Cultura ata a zona do IES e volta ao mesmo punto de saída. Ás 20 horas ese mesmo día un acto na Praza da Casa da Cultura", explican. «No Valadouro está prevista unha concentración na praza de Sta María ás 19 horas (disporán dun tendal para que as mulleres que non poden parar ese día colguen alí o seu mandil). En Burela tamén haberá unha concentración ás 20 horas na Praza do Concello. No Concello de Barreiros editarán un vídeo, tamén haberá unha concentración na Praza do Concello ás 20 horas», engaden.

Avanzan que «en Ribadeo as actividades encamiñáronse hacia a pedagoxía feminista coa elaboración dunha muiñeira feminista ca colaboración de mulleres de Chantada e actividades para o alumnado dos colexios e institutos. Chaman ás mulleres a apoiar a manifestación que partirá ás 18 horas do aparcamento de camións próximo ao I.E.S Dionisio Gamallo e que chegará ao Concello onde darán lectura a un manifesto».

«No Concello de Foz as ondas de radio recollerán testemuñas de mulleres, caixeiras, mulleres enfermeiras, mulleres coidadoras non profesionais, tamén darán voz ás mulleres inmigrantes». Invitan a colgar ropa de trabajo de las mujeres de los balcones de las viviendas ese día: 8 de marzo.

En Viveiro haberá citas pero non concentracións

O Concello de Viveiro, a través da concellería de Muller, presentou o programa de actividades para o 8-M, Día da Muller. «Dado que o contexto sanitario actual non permite as concentracións multitudinarias, dende o Concello de Viveiro faise un chamamento á participación da cidadanía nas alternativas propostas para este 8-M. «Temos que saír á rúa aínda que sexa individualmente para deixarnos ver, vestindo de violeta ou colgando dos balcóns símbolos que indiquen o labor das mulleres na sociedade», subliña Lara Fernández-Noriega. O programa o 8-M incluirá a lectura colectiva dun manifesto en vídeo, aberta a todas as mulleres e homes que desexen participar (chamar ao número 676 877 799). Haberá unha actuación de Estíbaliz Veiga nas redes.