Sobre a obligatoriedade das vacinas


día 11 de febrero de 2021 o alcalde de Ribadeo colgaba unhas declaracións na páxina web do concello onde pedía á Xunta que acelerase os trámites para facer obrigatoria a vacina anticovid e acusaba de “negacionistas e egoístas” aos familiares dunha usuaria da nova residencia da terceira edade de Ribadeo que rexeitaron a vacina exercendo a sua opción legal de vacinarse ou non dacordo ca normativa vixente en todo o estado español.

No día de onte, o Parlamento galego, cos votos exclusivos do PP, aprobou a reforma da Lei de Saúde que esixía o alcalde de Ribadeo e a partir de agora a obligatoriedade das vacinas anticovid poderase implantar en Galicia deixando tranquilo e satisfeito a este alcalde do BNG dende 2007. Namentras a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública emitía un comunicado o día 22 de febrero rexeitando a devandita obligatoriedade, o día 20 facíao a Plataforma Sanitaria de A Mariña, o día 18 pronunciábase en contra a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia. Asemade a deputada nacionalista María Albert pronunciábase en contra do proxecto do PP por “restrinxir dereitos fundamentais creando un estado de alarma pemanente”. En realidade a rexeita da obligatoriedade é prácticamente unánime no estado español, en Europa, entre as autoridades sanitarias, nomeadamente na OMS e mesmo entre os profesionais do ramo.

Á marxe do debate imos suliñar brevemente os aspectos mais salientables para rexeitar a vacina obrigatoria.

1º Non se coñece aínda con certeza cal vai ser a eficacia das vacinas que se están aplicando hoxendía. Non se coñece o grado de inmunidade que van conferir en distintas edades, en diferentes estados da situación inmunolóxica de cadaquén, non se sabe canto tempo pode durar a inmunidade, nen se será necesario seguir vacinándose periódicamente.

2º Non se coñece o posible efecto rebaño. Se vai ser pequeno ou grande ou nengún. Seguramente dentro de poucos meses xa haberá mais evidencias sobre esta cuestión nas distintas vacinas, pero ate agora é un asunto descoñecido anque sexa moi desexable que se confirmen as expectativas mais optimistas.

3º Non hai abonda experiencia para saber as posibeis complicacións ou efectos secundarios nos diferentes grupos de edade, sobre todo a medio e longo prazo.

4º Calquer medida coercitiva suscita un efecto bumerán que pode ser moi perxudicial para os obxectivos iniciais. Particularmente nun país onde as vacinas tradicionais teñen unha aceptación voluntaria superior ao 98% e a vacina do covid está tendo unha aceptación superior ao 95 % nos colectivos prioritarios carece de sentido prantexarse a obligatoriedade.

Con estes condicionantes non hai que esmagarse a cabeza para entender que a vacinación obligatoria non é necesaria, pode ser perxudicial e non é esaxerado calificarla de medida publicitaria, demagóxica e dictatorial.

Finalmente convén lembrar que sobre o día 22 de decembro de 2020 iniciouse un brote de coronavirus no Hospital Asilo de Ribadeo no que resultaron afectadas unhas 30 persoas entre persoal e usuarias das cales catro resultaron falecidas e moitas delas foron trasladadas a outros centro de Galicia. E debe suliñarse que o primeiro caso dese brote foi unha persoa que entraba e saía a cotío nas instalacións do Hospital Asilo e a sua actividade ou profesión (que tiña numerosos contactos sociais e amplos desplazamentos) non estaba incluída nas que prevee o regulamento aprobado pola Xunta para o control e prevención da infección por coronavirus nos centros da terceira edade. Folga crarexar que o concello de Ribadeo é o único responable da xestión do Hospital Asilo de Ribadeo e que neste caso concreto non se aplicaron as medidas de control de acceso de persoas e profisionais que establece a norm devandita de 17 de Setembro de 2020. Pola sua banda o concello de Ribadeo non recoñeceu estes datos amplamente contrastados e negou a existencia do primeiro caso, perfectamente referenciado por numerosas testemuñas. Asemade compre suliñar que dende o comezo deste brote as actividades devanditas no Hospital Asilo foron suspendidas e agora fanse polo televexo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Sobre a obligatoriedade das vacinas