Segunda carta que escribo desde Buenos Aires. Esta vez para falar do legado dun avó. Eu tiña un marabilloso, xa o sabedes porque sempre o conto.

«Antoño de Ciprián», que así se chamaba, deixou legados máxicos para a miña amiga Mónica e para min. Máxicos porque escachabamos da risa cando dicía “Ilena de Eliseo”, o “aradio” ou “vísteme aspacio que teño prisa”, entre outras moitas...., palabras que herdamos para cada vez que nos vemos recordalo e rir botándoo de menos. Houbo outros legados que non soan tan entrañables e que trato de defender, aínda que custe, xa que sempre hai obstáculos na vida que tratan de impedilo. Pero eses, os seus “principios de principio de século”, están máis vixentes ca nunca. O que valía para el era cumprir. Ser cumpridor.

Entre outras moitas cousas, isto apréndoo tamén coa xente que entrevisto agora na Arxentina. Cumpriron coa palabra dos seus velliños. Lin no museo da Emigración as cartas enviadas desde a diáspora falando de pesos aforrados cun único fin, ter unha casiña na Galicia. A casa que tanto lles custou levantar. Algúns deles, na súas aldeas, roubaban froita para comer antes da súa marcha e era iso o único que comían no día. Despois, aló, levantaron imperios a base de traballar de sol a sol os sete días da semana. Familias encharcadas por un Océano. E nin Whatsapps nin Facebook.

Mulleres e Homes que deixaron enormes legados de patrimonio. O da nosa sociedade, que alí onde imos, destácannos como grandes traballadores e respectuosos coas nosas orixes. Eu sigo defendendo o que asinou meu avó na miña identidade. O traballo duro para saír adiante.

Estes “Gallegos” da quinta provincia volveron coa fronte murcha (la frente marchita) e con prosperidade a base de suor e bágoas. Tristemente outros non puideron. Debémoslles aos nosos avós ser cumpridores. E “Volver” sempre aos seus valores.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

La frente marchita