Empresas de distribución de hostelería y alimentación se manifestaron en Burela
09 feb 2021 . Actualizado a las 13:53 h.Liquidez urgente, ERTE al 100 %, condonación de impuestos, bonificaciones para los combustibles y ayudas compensatorias son las principales demandas que llevaron este lunes a manifestarse en Burela a empresas de distribución de hostelería y alimentación de A Mariña, reuniéndose unos 70 vehículos (entre camiones, furgonetas y turismos comerciales). La caravana recorrió la calle Arcadio Pardiñas, continuó hacia el puerto y finalizó su trayecto en la plaza del Concello, donde expusieron sus reivindicaciones.
El acto fue convocado por la Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación da provincia de Lugo (Adislugo) «para darlle visibilidade á situación que estamos sufrindo e reivindicar a necesidade urxente que teñen as nosas empresas e os nosos traballadores e familias de recibir axudas directas». «O ánimo desta manifestación non é, nin moito menos, posicionarnos en contra das restricións sanitarias, as cales dende esta asociación entendemos necesarias dada a delicada situación que estamos a vivir. Non obstante o que si reclamamos é acompañar esas medidas dunhas axudas que permitan sobrevivir ao tecido empresarial lucense, minimizando así o altísimo risco de peche de numerosas empresas da provincia. Neste sentido clamamos por un financiamento óptimo e sen xuros, créditos sen avalar por sociedades de garantía recíproca e a fondo perdido, como xa acontece noutros países do entorno, manter a subvención dos ERTE ao 100%, así como a redución de impostos como son o IBI, IAE ou taxas de recollida de residuos. Todo isto permitiríanos contar cunha liquidez imprescindible hoxe en día», señala Adislugo en un comunicado.
Añade que son un sector muy desconocido para la sociedad, a pesar de que generan unos 800 empleos directos en la provincia y muchos más indirectos: «Agora temos a oportunidade de reivindicarnos. Somos empresas que contribuímos á riqueza das nosas comarcas, dando vida a talleres, tomadores de seguros, xestorías e un longo listado de empresas locais, aportando centos de postos de traballo e pagando impostos nos nosos concellos. Tamén é importante sinalar que somos a principal forma de financiamento dos nosos clientes, os locais hostaleiros e de ocio nocturno, o que conleva que a nosa debilidade financeira poida repercutir negativamente nun porcentaxe elevadísimo do emprego da provincia. Por todo isto animámoste a unirte á nosa reivindicación, para loitar por estas cuestións que semellan esenciais e necesarias para a economía da nosa comarca, da túa comarca».
«Para aguantar ata o verán fai falta que nos dean axudas»
José Antonio Veiga es el representante de Discosta Norte en la directiva de la Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación de Lugo (Adislugo). «Somos un sector descoñecido. Non nos engloban na hostalería, porque cando hai axudas para o sector non nos inclúen, e cando se pensa na distribución de alimentación pénsase na grande distribución, Eroski, Mercadona..., cando nos somos pemes. Estamos en terra de ninguén e por iso fixemos este acto reivindicativo, para que se saiba que existimos».
Con la hostelería cerrada, es evidente el enorme daño que sufren estas empresas: «Dedicámonos en máis dun 90 % á hostalería. Ademais, en moitos casos nós somos quen financiamos á hostalería. Se non lles deixan traballar, porque a teñen pechada, e non recuperarmos o que temos vendido porque os hostaleiros non nos poden pagar, como imos sobrevivir?», añade.
Veiga estima que su sector genera en la provincia unos 800 empleos directos y un gran número de indirectos: «Talleres, aseguradoras... arrastramos a moitos profesionais. Se nós caemos hai un efecto dominó».
«As axudas fan falta xa. O ano pasado tiñamos algo de músculo, porque viñamos da normalidade, pero agora xa non. E sobre o futuro, eu son optimista por natureza. Aínda que a Semana Santa está perdida, se as vacinas funcionan poderiamos ir recuperándonos lentamente no verán, daquela maneira porque non vai haber festas nin grandes eventos. Pero para chegar ó verán fan falta axudas», concluyó José Antonio Veiga.