«Saudade», o primeiro grupo de gaiteiras de Europa, nado en Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

A Xunta de Galicia apoia a publicación dun libro en homenaxe

27 dic 2020 . Actualizado a las 18:00 h.

Saudade foi un grupo de gaiteiras creado en Ribadeo no ano 1961 da man de dos irmáns Amando e Carlos Suárez Couto, e do gaiteiro Primitivo Díaz. Entre outras curiosidades, actuaron para inaugurar o ferrocarril da costa e o primero barco de Pescanova en Vigo.

A Xunta de Galicia apunta que foi o primeiro de Galicia, de España e posiblemente de Europa, e por iso vai ser obxecto de un libro documental respaldado pola administración autónoma. Trátase dun «ambicioso e interesante proxecto», que foi presentado onte da man da que será a súa principal impulsora, a comunicadora audiovisual María Acuña, filla dunha das integrantes de Saudade.

Na presentación, destacouse o papel de Saudade «nunha época de efervescencia social e política, e en concreto para a reivindicación do papel das mulleres na ámbito da música». María Acuña dixo, ademáis, que para recuperar e poñer en valor a historia do grupo, tanto no libro como no audiovisual van participar as gaiteiras de Saudade, ofrecendo o súa testemuña.

«Será, en definitiva, un traballo exhaustivo e amplo, no que participarán persoas da época que poderán explicar que supuxo para a sociedade ribadense e, en certo modo, para a galega este grupo pioneiro, integrado unicamente por mulleres, así como os movementos que foron emerxendo nese momento», indica a Xunta.

Á presentación do proxecto asistieron tamén María José Gómez, en representación da Consellería de Cultura en Lugo, e o deputado no Parlamento, Dani Vega. Xunto a eles estivo o profesor e investigador do Centro Ramón Piñeiro, Armando Requeixo, ademais de varias das antigas integrantes do grupo de gaiteiras Saudade.