Exposición fotográfica en Rinlo sobre inscricións en placas e lápidas da igrexa e do cemiterio

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

27 dic 2020 . Actualizado a las 18:34 h.

Este domingo inaugurouse na igrexa de Rinlo unha exposición de fotografías de placas e lápidas da igrexa e do cemiterio locais. A mostra, preparada por Rosana Posada Expósito, reúne un conxunto de fotografías de epitafios e de placas colocadas na igrexa con dous motivos diferentes; a restauración dunha embarcación exposta no templo e a homenaxe ao sacerdote Alfonso Pampín, que exerceu nesta parroquia de Ribadeo durante trinta e nove anos, entre 1954 e 1993.

Segundo adianta Rosana Posada, «a embarcación fora construída en 1871, por iniciativa do mariñeiro local Eleuterio Posada, e, unha vez transcorrido case século e medio, foi restaurada por iniciativa das familias de tres dos seus bisnetos (José, Cayetano e Benigno) no ano 2002. Pola súa parte, o sacerdote -orixinario de Melide- deixou en Rinlo os beneficios dun intenso traballo de educación social orientado ao desenvolvemento económico da localidade».

No transcurso da inauguración contarase coa intervención das familias que propiciaron as inscricións recollidas na exposición e que supoñen a constatación de que o legado do sacerdote Alfonso Pampín continúa con pleno vigor varias décadas despois do seu falecemento. A actividade, que segue a metodoloxía Modelo Burela, serve tamén como homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica este ano a celebración das Letras Galegas.