Frida Kahlo e Cidade da Cultura

Estíbaliz Veiga 25-N

A MARIÑA

25 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Feminismo comeza na educación. Con voz cálida e directa, Chimanda Ngzi Adichie dirixe unha emotiva carta a unha nai primeiriza que acaba de dar a luz. Son 15 consellos nos que reivindica a formación dos nosos fillos na igualdade e o respecto, o amor polas orixes e a cultura. Invita a rexeitar estereotipos, a abrazar o fracaso e loitar por unha sociedade máis xusta. O libro "Querida Ljeawele. Como educar en feminismo" é a primeira recomendación que fago despois de pasar polos estudios de Frida Kahlo e Diego Rivera cos meus compañeiros de rodaxe. Frida era unha muller libre e reflectía isto nas súas obras nas que falaba abertamente sobre sexualidade, aborto, aleitamento ou maternidade. Deu voz a mulleres reprimidas e engaioladas, que non saían das súas casas ou que non falaban libremente porque iso non se correspondía co seu xénero. O Museo Casa Estudio Diego Rivera e Frida Kahlo está situado no sur da cidade de México e está dedicado a preservar a memoria do muralista e a súa muller; así como a análise da súa xeración artística.

Por encargo del, en 1931 Juan O'Gorman deseñou unha das primeiras construcións funcionalistas en América Latina: unha casa para o pintor e outra para a súa esposa , onde cada un tería o seu propio estudo. Trátase de dous bloques. Feitos de formigón liso que albergan cada casa, unha vermella con branco (do pintor) e outra azul (para a artista), independentes entre si e conectadas só por unha pequena ponte na parte superior.

O 24 de Novembro chego ( cunha PCR negativa baixo o brazo) para actuar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela con motivo do día contra a violencia machista. Evento organizado pola Xunta de Galicia coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade. As entradas esgotáronse inmediatamente cando saíron, esperamos poder ter máis ocasións para compartir o noso ideal dun mundo mellor. Grazas a grandes mulleres que xunto a homes tamén grandes, fan pola igualdade. Na arte, temos referentes para intentalo.