«O mozo da última fila», a obra de teatro deste sábado no Pastor Díaz

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

cedida

Ás 20.30 horas, para público adulto

13 nov 2020 . Actualizado a las 12:01 h.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 14 de novembro, a representación da obra «O mozo da última fila». Trátase dunha comedia para adultos que levará ás táboas Redrum Teatro, e que está incluída na programación da Rede Galega de Teatro. Álex Sampayo dirixe e adapta esta obra de Juan Mayorga que protagonizan Guillermo Carbajo, Roberto Leal e Belén Constenla, entre outros. Será ás 20.30 horas.