José Manuel Paleo, presidente da Federación A Mariña Comercio: «Sería bo para a hostelería que en Galicia o estado de alarma fose desde as 12 da noite e pechar a esa hora»

Lucía Rey
Lucía Rey FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

27 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da Federación A Mariña Comercio, que agrupa a uns 900 comercios, negocios hostaleiros e empresas de servizos da comarca, considera que as restricións se deberían fixar «atendendo á situación sanitaria de cada zona». «Se non imos para a cama se non estamos enfermos, non nos deberían restrinxir cando estamos ben, porque se estamos mal todo o mundo asume que nos van restrinxir, pero o que está pasando e que nos restrinxen cando estamos mal e cando estamos ben», estima José Manuel Paleo. En relación co estado de alarma e a adaptación que pode facer del Galicia, apunta que «intentar que se cerre ás doce da noite en lugar de ás once» pode supoñer unha pequena inxección de osíxeno. O máximo responsable de A Mariña Comercio demanda actuacións claras para que a xente «poida traballar». «Agora mesmo está todo alterado, queda todo nun estado de indecisións permanente porque non se pode facer ningunha previsión, e todo o ánimo queda paralizado».