Henrique Rabuñal presenta hoxe en Barreiros o seu libro sobre Carvalho Calero

s. c. BARREIROS / LA VOZ

A MARIÑA

Carteles anunciando o acto
Carteles anunciando o acto c.

O acto de presentación é esta mañá ás 12 no centro sociocultural; a entrada é libre ata completar aforo

24 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Henrique Rabuñal presenta hoxe en Barreiros o seu libro «Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra», publicado pola Editorial Galaxia. Carvalho Calero é o autor homenaxeado este ano tan especial nas Letras Galegas.

A presentación deste volume é ás 12 no centro sociocultural de Barreiros; a entrada é libre ata completar aforo. Hoxe ademais é o Día das Bibliotecas; unha boa ocasión para desfrutar deste libro que se achega dunha maneira moi orixinal á figura do autor ferrolán.

Henrique Rabuñal válese do ensaio pero tamén da ficción para ir relatando a vida do profesor, escritor e prestixioso filólogo. Personaxes que estiveron vinculados a Carvalho Calero, mesmo familiares, van contando as circunstancias vitais do profesor, cada quen dende a súa propia perspectiva. Así a lectura resulta amena e moi interesante. Un recurso eficaz. O libro lese con facilidade e é un bo xeito de achegarmos á figura deste autor, poeta, narrador e profesor e filólogo a quen o propio Henrique Rabuñal tratou na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago. Unha das súas alumnas foi tamén Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía.