Aparece unha necrópole altomedieval con cinco tumbas no castro de Portocelo

Podería estar relacionada cun mosteiro dúplice que figura nalgúns documentos


xove / la vozourense / viveiro / la voz foz / la voz

EConcluíu a primeira semana de escavación no castro de San Tirso de Portocelo, en Xove, e o equipo que traballa nel sacou bo proveito destes primeiros días, xa que apareceron ata 5 tumbas na zona interior do castro.

Ao longo desta primeira semana, tal como explica David Abella, do equipo Cado Arqueoloxía, que traballa no devandito xacemento, no interior do castro de San Tirso de Portocelo apareceu unha necrópole altomedieval, da que ata o de agora se descubriron esas cinco tumbas.

Explican que esta necrópole «podería estar relacionada co mosteiro dúplice que aparece na documentación medieval, que nos conta que a mediados do século VIII un diácono chamado Rodrigo lega a un grupo de “fratres y sorores” (monxes e monxas en calidade de igualdade), tres “eclesiae” (mosteiros ou igrexas), un dos cales sería o de San Tirso de Portocelo, en Xove».

Esta escavación, importante, vén enriquecer o patrimonio cultural e arqueolóxico de Xove, a mais nun enclave de privilexio, fronte ao Cantábrico. Pola súa ubicación, espléndida, e polo seu interés histórico poderá atraer a moitos visitantes. Só nesta primeira semana o equipo Cado Arqueoloxía localizou os nivéis medievais do xacemento, «atopando a necrópole altomedieval», subliñan.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Aparece unha necrópole altomedieval con cinco tumbas no castro de Portocelo