Alfonso Villares, alcalde de Cervo: «Non podemos dar por acabado o proceso, hai que reconducir a situación para facilitar a venda»


cervo / la voz

Cervo é desde hai máis de catro décadas o outro municipio central para a produción de aluminio na Mariña. Que a fábrica de San Cibrao continúe funcionando é vital para o seu futuro e para o de toda a comarca, como recordou este luns á tardiña Alfonso Villares. O rexedor non se puido desprazar ata Nigrán, pero pasou a xornada pendente do que acontecía a 300 quilómetros de distancia, en torno á mesa na que directivos de Alcoa pretendían negociar un ERE (despido definitivo) ou un ERTE (despido temporal) para 534 traballadores co que finiquitar a planta de aluminio. «Aínda que os prazos están acabados non podemos dar por acabado este proceso nin moito menos, nin acabadas as esperanzas dunha solución favorable e dunha solución que resolva o futuro dunha comarca como a nosa», apuntaba Villares. Na súa opinión, aínda queda marxe para que o Goberno central e a Xunta de Galicia, man a man, logren poñer freo ás intencións da multinacional estadounidense. «Espero que nas próximas horas haxa todos os movementos necesarios que podan dar unha saída a esta problemática», manifestou. E engadiu: «Agora mesmo aínda que o prazo [fixado por Alcoa para negociar unha posible venda a Liberty] se acabou ten que haber un prazo a maiores para reconducir esta situación e dar todo o necesario para que se facilite esta venda por un lado; e por outro, polo menos momentáneamente, para que haxa unha intervención da empresa por parte do Estado. Agora é o que demandamos toda a comarca, empezando polo comité de empresa e seguindo por toda a sociedade».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Alfonso Villares, alcalde de Cervo: «Non podemos dar por acabado o proceso, hai que reconducir a situación para facilitar a venda»