Caballero insta a Feijoo a convocar a todos os grupos para facer unha «fronte común»

Gonzalo Caballero, secretario general del PSdeG
Gonzalo Caballero, secretario general del PSdeG

cervo / la voz

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou este luns ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a convocar a todos os partidos nunha mesa de traballo para conformar «unha fronte común en clave galega» que permita «truncar o intento de fuxida do país protagonizada por Alcoa e acadar a venda da planta de San Cibrao ao inversor atopado polo goberno de España». Nun momento no que hai evidencias de «mala fe» e indicios de «fraude» por parte de Alcoa nas negociacións con Liberty House para a venda da factoría, como constataron a Xunta e o Goberno, o líder socialista fixo fincapé na necesidade de pechar «unha folla de ruta conxunta». «Tendemos a man a Feijoo para traballar polo futuro do emprego da planta de San Cibrao», remarcou, e recordou que Alcoa recibiu «centos de millóns de fondos públicos».

Declaracións de Tomé

O presidente da Deputació de Lugo, José Tomé, mostrou o seu «rexeitamento á decisión adoptada pola multinacional Alcoa de romper as negociacións de venda da planta de San Cibrao á empresa británica Liberty House». Acusouna de actuar «de mala fe».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Caballero insta a Feijoo a convocar a todos os grupos para facer unha «fronte común»