O PSOE valora «os avances» no proceso de venda de Alcoa San Cibrao

La Voz SAN CIBRAO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

22 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O voceiro de Industria do grupo do PSdeG-PSOE no Parlamento, Martín Seco, valorou este venres «os avances» no proceso de venda de Alcoa San Cibrao a Liberty House e chamou á Xunta a «involucrarse» para garantir o emprego na bisbarra logo de que o Ministerio de Industria atopase un inversor interesado na planta da Mariña.

Seco fixo estas manifestacións despois da última xuntanza da mesa multilateral celebrada este xoves na que se acordasen as fases nas que se levará a cabo o proceso de venda da planta, que concluirá nunhas seis semanas.

«O mantemento do emprego e da actividade industrial é prioritario», destacou o deputado do PSdeG, quen puxo en valor a implicación do goberno de España «dende o minuto cero» para traballar nesa liña e reclamou o mesmo compromiso por parte dunha Xunta que estivo «de perfil» neste proceso. «O goberno galego non pode obviar que ten as competencias en materia industrial», recordou Martín Seco.