De feito, o obxectivo xeral do Plan de conservación é facer compatible a preservación dos valores ambientais que motivaron a declaración deste espazo como monumento natural co seu desfrute público.
O resultado foi un instrumento de planificación completo que, a partir dun diagnóstico científico sobre as principais ameazas que afronta este espazo protexido, estableceu un réxime específico de usos e aproveitamentos do espazo protexido.
Esa avaliación de riscos permitiu constatar que a excesiva concentración de visitantes durante
determinadas épocas do ano representa un risco severo para a conservación dos hábitats prioritarios do monumento natural da Praia das Catedrais. Así, e como resultado das diferentes probas de carga realizadas, cifrouse en 4.812 persoas por día o límite recomendable para evitar danos. Deste xeito faise fronte non só ao risco de degradación dos valores ambientais e paisaxísticos que atesoura este espazo, senón tamén á saturación dos servizos e accesos á praia, e á percepción global do que debe constituír un espazo natural protexido.
As Catedrais é o segundo lugar máis visitado de Galicia despois da catedral de Santiago.
La Xunta dispone de un servicio gratuito de guías para las visitas a esta playa emblemática
Este verano la Xunta dispone de un servicio gratuito de guías para las visitas a esta emblemática playa del norte gallego.
«Este verán está a disposición dos visitantes un servizo gratuíto de visitas polo areal -apuntan desde la Xunta-. Estes percorridos serán dirixidos por dúas persoas tituladas que informarán aos
participantes sobre os principais valores ambientais do monumento natural. As visitas organízanse en dous grupos de 25 persoas cada un e desenvolveranse cada media hora coincidindo coa baixamar diúrna, polo que o número de pases diarios variará dependendo das propias mareas».
« En todo caso -añaden-, os guías e participantes deberán adoptar todas as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas polas autoridades para gardar o distanciamento e seguridade social, á fin de evitar contaxios».
«Tamén un axente medioambiental estará presente na zona coincidindo coa baixamar, co fin
de advertir dos riscos existentes aos visitantes e en caso de detectar algún comportamento ou conduta imprudente, informaralles das posibles sancións ás que se enfrontan», explican desde Patrimonio Natural.