O peche internacional con Italia Daniel Giasson completa o plantel do Pescados Rubén Burela

O italobrasileiro é un futbolista de marcada vocación defensiva e convértese na cuarta fichaxe laranxa tras Diego Quintela, David Pazos e Javi Rodríguez


O Pescados Rubén Burela confirmou que o seu plantel se completa coa tan reclamada figura dun peche de garantías. O internacional italiano Daniel Giasson (Caixa do Sul, Brasil, 1987), chega procedente do Córdoba Patrimonio, no que foi un dos líderes da súa primeira experiencia na elite, participando en 19 partidos. A súa estrea na máxima categoría española xa se producira antes co Jaén Paraíso Interior, onde militou dúas campañas tras pasar por Nepi, Lazio, Torino, Real Rieti, Cogianco, Pescara ou Luparense. No seu primeiro discurso como xogador laranxa prometeu «loita e compromiso para que Burela siga tendo un club en Primeira División».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O peche internacional con Italia Daniel Giasson completa o plantel do Pescados Rubén Burela