Participa no evento da Rede Galega no Reino Unido onde estrea novo single
25 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.Unha morea de noticias que chegan da man da artista mariñá Ugía Pedreira e nun Día de Galicia que vai ser dobremente especial para a focense. Por un lado, o seu é un dos nomes que aparece no cartel da cita de Facebook da Rede Galega no Reino Unido para conmemorar a data (e que outros anos se facía con público en Hyde Park en Londres) xunto con Carlos Núñez, a familia Seivane ou Bieto Romero, como adiaba a nosa sección de Cultura onte. Con tal motivo, fixo realidade un encargo para tal evento e, así, estrea novo single, «baixo a producción e arranxos do bretón Pier El Gabacho» e «coa letra do pintor vigués Enrique Gavilanes que mora en London e o videoclipe reflicte a obra pictórica del». Esa estrea será, por tanto, hoxe, a partir das sete da tarde e poderá seguirse vía online no seguinte enlace: https://www.facebook.com/REGAUK. Dita peza, traslada Pedreira, leva por título Mares sucados e «foi grabada nos estudos de Vilavedelle en Castropol onde moran os dous músicos».
«Quería achegarme melodicamente á inspiración que recibo cuando escoito blues antigo e facer un tema de genero tradicional galego como a jota, com estructura de romance».
Poemas traducidos ao alemán
Pero a música non é a súa razón de vida. Tamén a poesía. De feito, outra nova é que foi escollida para a páxina de Poesía Galega en alemán Galemán sendo tres poemas inéditos de Pedreira máis dous do seu libro Noente Paradise traducidos ao alemán.