«Notazas» para o alumnado mariñán despois dun curso cheo de sacrificios

Moitos sobresaíntes e un futuro do máis diverso, dende Medicina ata Lingua Castelá

j.a.
viveiro / la voz

Foron moitos os rapaces e rapazas que na Mariña se presentaron ás probas da ABAU. Algo máis de 300 alumnos de todos os institutos da bisbarra acudiron ao IES Vilar Ponte para poñer a proba os seus coñecementos co fin de lograr a nota suficiente para entrar no grao desexado.

Os seus obxectivos son do máis diversos. Dúas estudantes cun expediente que supera os 13 puntos (dun máximo de 14) comentan que queren facer dúas carreiras totalmente diferentes: Lingua Castelá e Medicina. Estudan, unha, no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, e outra no IES Perdouro de Burela. Cada un destes centros obtivo este ano un nivel de excelencia moi alto, chegando ámbolos dous a contar con seis estudantes que superan o 12,5 e, na maioría dos casos, tamén o 13 de puntuación.

Pola banda do Perdouro, segundo informa o seu director, están Carolina Basanta (13,19), Pablo Goás (12,74), Marta Lestao (13,14), Carmen Pernas (13,48), Pablo Rubal (12,54) e Laura Pernas, que cun 13,49 conseguiu a marca máis alta do seu centro.

Se se pon o foco sobre o Dionisio Gamallo de Ribadeo, tamén con datos do centro, figuran Alicia Asensio (13,31), Estela Bravo (13,50), Guillermo Rodríguez (13,42), Xiana Suárez (13,44), Eva Yáñez (13,27) e Amaia López (13,73), que levou a nota máis alta de entre os seus compañeiros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Notazas» para o alumnado mariñán despois dun curso cheo de sacrificios