O BNG de Viveiro denuncia «carretaxe de anciáns»

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

A portavoz nacionalista en Viveiro denuncia que trasladaron maiores da residencia Betania "en pleno confinamento e coa entrega do sobre en man"

14 jul 2020 . Actualizado a las 19:22 h.

A portavoz do BNG viveirense, Míriam Bermúdez, denunciou na mesa electoral onde estaba de apoderada este pasado 12 de xullo, «o translado de persoas maiores da residencia Betania en pleno confinamento mariñán e coa entrega do sobre en man».

«A primeira hora da mañá -expón na acta-, chegou unha furgoneta do xeriátrico Betania, onde nada máis baixar os anciáns da furgoneta a persoa que os acompañada, fíxolles entrega do sobre».

«Ademais en Betania -como no resto de residencias da Mariña-, permanecían prohibidas as visitas debidos ao rebrotes tan activos de coronavirus producidos na Mariña», di.