La FCAM y la Mancomunidad urgen un plan para reactivar A Mariña

j.a.q. FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

Piden ayuda a la Xunta y a la Diputación para que no se pierda la campaña estival

13 jul 2020 . Actualizado a las 21:41 h.

Urge tomar medidas inmediatas, para aplicar ya en los próximos días para reactivar la economía de A Mariña frente al enorme impacto que está suponiendo el cierre de los concellos más turísticos de la comarca. Para ello se demandará que se involucren otras administraciones, singularmente la Xunta y la Diputación, para proyectar A Mariña y que no se pierda definitivamente la temporada estival. Fue la conclusión a la que se llegó ayer en la reunión mantenida entre los presidentes de la Mancomunidad y alcalde de Foz, Fran Cajoto, y el de la Federación de Comercio A Mariña, José Carlos Paleo.

«Desde a FCAM vamos reunirnos xa nas próximas horas por vídeo conferencia e poñerémonos en contacto coas diferentes administracións (Xunta de Galicia e Deputación Provincial), que sempre colaboran coa Federación de Comercio da Mariña durante todo o ano en distintas actividades e temos convenio con estas administracións para as diferentes campañas que se fan. E neste momento seguramente haxa que habilitar algunha partida especial para seguir adiante e reorganizarse neste sentido para potenciar un pouco máis, neste momento tan crítico en pleno xullo, cando hai que andar e non perder nin un día mais», señaló José Carlos Paleo, quien recalcó: «Na FCAM estamos moi preocupados pola situación pola que están a atravesar a hostalería e o comercio e así llo fixemos saber ao presidente da Mancomunidade. O obxectivo é artellar unha estratexia urxente para desenvolver ao longo dos vindeiros días».

Y la primera actuación ya está decidida, una campaña publicitaria de A Mariña, con especial incidencia en las redes sociales, según apuntó Fran Cajoto: «Sen enganar a ninguén simplemente hai que mostrar o que temos: grandes profesionais que traballan, que están a disposición dos clientes e uns comercios e unha hostalería de calidade nun lugar que non está masificado, como é a Costa de Lugo. Nese sentido acordamos iniciar unha campaña de márketing, enfocada sobre todo ás redes sociais, para que se visualice o bo que temos e como se están desenvolvendo aquí as medidas, como o uso de máscaras, a disposición das mesas, etcétera, e como é un destino sen aglomeracións e como podemos traballar ben, con tranquilidade».

Redes sociales

«A idea é enfocar a imaxe da Mariña, recuperar ese pulo que íamos conseguindo e para o que o coronavirus resultou ser un auténtico mazazo. E aínda que non cheguemos, nin con moito, aos niveis do ano pasado polo menos permitir ese desafogo e que os comercios poidan respirar. Facémolo desde aquí, a FCAM e a Mancomunidade, pero desde logo que vamos pedir o apoio de todas as administracións para que tamén a través doutras iniciativas como xornadas gastronómicas de todo tipo na Mariña poidan aportar e entre todos melloremos, que é o principal», añadió.

«Hai que volver a poñerse as pilas porque o verán acábase enseguida»

Cajoto señaló que la reunión mantenida como la FCAM era una obligación debido «á mala imaxe que tivemos esta tempada na prensa nacional e en todos os medios, como a televisión, focalizando o confinamento da Mariña, que non é tal senón unha limitación de movementos. Isto provocou unha alarma e medo, que non debería haber senón respecto ao virus. E o que estamos vendo son números de venta moi baixos tanto no pequeno comercio como na hostalería».

Paleo abogó por «dar un paso adiante entre todos para poñer en valor á Mariña e non anular completamente parte dos eventos suspendidos senón que imos ver se podemos reactivar aqueles que poidamos facer, a través de xornadas na hostalería, e dar a coñecer nos medios e nas redes a costa lucense».

«Trátase de facer vida normal, adaptada ás circunstancias sanitarias que temos, que non son exclusivas da Mariña senón que son de todo o país Igual que vamos a un supermercado, tomamos un café ou un xeado tamén temos que reactivar o comercio e a hostalería, recibir visitantes de fin de semana ou para a época vacacional, por días concretos ou por semanas; hai que volver a poñerse as pilas porque o verán acábase enseguida», concluyó.