Anpas mariñanas temen novos recortes en colexios do rural o curso que vén

Cren que «coa excusa dos números» pola crise do coronavirus a calidade da educación sufrirá un novo golpe

Imaxe de arquivo dunha clase de educación infantil no colexio de Alfoz
Imaxe de arquivo dunha clase de educación infantil no colexio de Alfoz

viveiro / la voz

A Confederación de Anpas Galegas, na que se integra a federación lucense (Fapacel) da que forman parte asociacións de nais e pais de Alfoz, Viveiro, Cervo, Burela, Foz, Ribadeo, Barreiros, Mondoñedo, Lourenzá ou A Pontenova, entre outros, temen que a Consellería de Educación impulsará o curso que vén novos recortes nos colexios do rural. O colectivo destaca que familias e alumnado levan catro meses «nunha situación tremendamente complexa», e afirma que «semella que cara a un futuro inmediato empeorará aínda máis». As Anpas temen que «coa escusa dos números» derivados da crise do coronavirus e «obviando calquera outro factor» no curso 2020-2021 continúen os recortes en profesorado. Un curso no que, segundo subliñan, haberá que sumar contidos que quedaron pendentes do curso actual, ademais de «concentrar esforzos» nos alumnos con necesidades especiais e mesmo atender á saúde emocional dos nenos fronte á situación actual. «Falar de ensino é falar de futuro. Garantir o dereito a un ensino de calidade no rural é cuestión de toda a sociedade», conclúen.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Anpas mariñanas temen novos recortes en colexios do rural o curso que vén