Galicia en Común suspende actos en Ribadeo e en Viveiro con Beiras «por precaución»

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

ALBERTO LÓPEZ

Critican a Feijoo por poñer «os seus intereses oportunistas» diante da saúde pública

03 jul 2020 . Actualizado a las 12:52 h.

Galicia en Común Anova Mareas decidiu suspender o acto de onte en Ribadeo e o do sábado en Viveiro, no que ía participar Xosé Manuel Beiras, quen aproveitou o anuncio para criticar a Núñez Feijoo «por poñer os seus intereses oportunistas» por diante da saúde pública, cos comicios do día 12.

A decisión da suspensión tomouse, din, «por precaución e prudencia, diante das informacions que sinalan un rebrote da covid 19 na zona da Mariña. Aínda que estamos a realizar unha campaña de proximidade na que procuramos estar ao carón da xente, entendemos que a saúde debe estar por riba de todo”, explican.