Olalla Rodil: «Non imos deixar caer a fábrica, imos poñer encima da mesa unha participación pública»

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Olalla Rodil, viceportavoz del BNG en el Parlamento de Galicia
Olalla Rodil, viceportavoz del BNG en el Parlamento de Galicia

A candidata do BNG pola provincia ve «urxente e legal nacionalizar a empresa a través dunha intervención pública conxunta da Xunta e do Goberno do Estado»

28 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG arrancou a campaña eleitoral en San Cibrao, «capital da loita obreira galega e da loita pola industria deste país», afirmou a candidata nacionalista ao Parlamento galego por Lugo, Olalla Rodil, referíndose as mobilizacións que os traballadores e a veciñanza mariñá manteñen contra o Ere de Alcoa.

Acompañada por todas as mariñas e mariñáns que forman parte da candidatura nacionalista á camara galega Dani Castro, Miriam Bermúdez, Diego Fernández, Marco López e Andrea Martins, Rodil asegurou que «o BNG non vai deixar caer a fábrica de aluminio. Non imos permitir que se destrúa un só posto de traballo nin que se paralice a produción de aluminio no país. A industria é un sector estratéxico. Galiza ten que facerse valer e defender o mantemento dos postos de traballo. A nosa posición é clara. É necesario, urxente e legal nacionalizar a empresa a través dunha intervención pública conxunta da Xunta e do Goberno do Estado», sostivo.

«Se o BNG lidera o cambio político neste país a partir do 12 de xullo, o primeiro que fará o BNG é poñer enriba da esa unha participación pública para salvar os postos de traballo e a produción industrial en San Cibrao», compremeteuse Olalla Rodil.