Caballero: «A intervención estará enriba da mesa para garantir que non se pechen as cubas»

María Cuadrado Fernández
m. cuadrado FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

El candidato socialista analizó la situación de Alcoa con alcaldes de A Mariña

27 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

El candidato del PSdeG a la presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, se reunió este viernes en Foz con alcaldes y ediles socialistas de A Mariña, además de con cargos provinciales: «Galicia necesita un novo tempo na política industrial despois de once anos de abandono por parte do PP e de Feijoo das súas responsabilidade en materia económica e industrial». La crítica situación de Alcoa San Cibrao centró el análisis. «Temos un claro compromiso coa planta de Alcoa en San Cibrao», puntualizó Caballero, que dice actuar con responsabilidad y escapa de planteamientos demagógicos: «Alcoa en San Cibrao ten que manter a súa actividade nesa planta. Teno que facer porque recibiu axudas millonarias durante moitos anos».

Recordó que cuando la multinacional anunció el cierre en A Coruña y Avilés , «o Goberno de España tramitou o ERE e conseguiu que o ERE se dilatase ata seis meses para gañar tempo, para buscar unha solución de viabilidade e para non poñer a ningún traballador naquel momento fóra do seu posto de traballo. Agora a responsabilidade, no caso de Alcoa San Cibrao, correspóndelle ao Goberno da Xunta (..) E un goberno socialista na Xunta vaille poñer a Alcoa as cuestións máis difíciles (..) Témoslle que esixir a Alcoa de man do Goberno de España que devolva os investimentos millonarios, as axudas que recibiu por parte do Goberno de España, se plantexa abandonar a produción e o mantemento do emprego en Alcoa San Cibrao e, ademais, haberá que esixirlle todos os requerimentos medioambientais que teñen que ver coa planta de lodos porque, se quere abandonar a produción en San Cibrao, terá que compensar e adecuar as condicións medioambientais esixibles á existencia desa planta».

Caballero recordó que «o marco europeo defende a competitividade e unha restrición que dificulta as intervencións en moitos sectores de produción, pero xustamente porque se pide competitividade, nin Europa nin España poden permitir que unha multinacional prefira tentar pechar una empresa cando hai investidores que a poden manter en activo para eliminar competencia e para ter mercados menos competitivos».

Manifestó su compromiso personal y políticamente como candidato a la Xunta: «Cando os galegos nos dean a maioría para presidir un goberno progresista, imos manter esta folla de ruta que en calquera caso manterá aberta a actividade da única fábrica que produce aluminio (..) Ou Alcoa se mantén, ou novos investidores internacionais terán a capacidade de manter o proxecto, ou investimentos nacionais, e, en terceiro lugar, en todo caso, sempre a intervención estará enriba da mesa para garantir que non se pechen as cubas e manter a actividade industrial».