«Burela é referencia na pesca e Expomar promoverá todo o que sexa bo para o sector»

M.C. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Alfredo Llano, alcalde e presidente da Fundación Expomar, dará a benvida este xoves aos participantes ns Xornadas Técnicas na súa edición virtual

25 jun 2020 . Actualizado a las 16:53 h.

Ademais de rexedor de Burela, Alfredo Llano é o presidente da Fundación Expomar. «O obxectivo, case único da fundación, é promover todo aquelo que sexa bo para o sector náutico-pesqueiro. A fundación naceu con esa vocación de colaborar con ese sector. Ademais, ten unha relevancia na organización das feiras bianuais. Teño que dicir, por certo, que a última edición foi moi boa e temos a garantía de que as empresas participantes volverán no 2021. É unha das mellores feiras naútico-pesqueiras a nivel nacional».

—A pesares das limitacións pola pandemia, Burela seguiu adiante coas Xornadas Técnicas Expomar..

—É importante abordar asuntos e temas que preocupan e que marcan o presente e o futuro do sector, garantindo, eso sí, todas as medidas de seguridade. Nas xornadas técnicas fálase dos temas que preocupan ao sector, de temas relevantes. E no Encontro Empresarial analízanse tamén os problemas actuais, que mellorar, que cambiar... Este ano, entre outros asuntos, plantexaranse estes días dous temas fundamentais: como está afectando o covid-19 e o brexit.

—Será unha xornada diferente, con participación virtual...

—Este ano volveremos a contar con representantes das Administracións e doutros organismos. Será telemática. A idea é abrir un turno para formular consultas.

—Que lle aporta a Burela promover este tipo de eventos?

—Burela é tremendamente importante no mundo da pesca. Sempre está na cresta da ola da pesca. Burela é referencia na pesca e Expomar promove todo o que sexa bo para o sector. Para Burela é importante ser referente no sector pesqueiro. E, si o é para Burela, tamén o é para a provincia e para Galicia.

—Plantexáronse nalgún momento suspender as xornadas debido á pandemia e ao estado de alarma?

—Estaban previstas inicialmente para o 28 e o 29 de maio, de forma presencial. O estado de alarma pola pandemia cambiouno todo. Pensamos en aprazalas incluso ata setembro, pero xa era moi tarde e estaba cerca da próxima edición da feira. Aínda que este ano van ser telemáticas, esperamos que teñan a repercusión que merecen. Me imaxino que pode haber alteracións de tempos ou horarios, pero non queriamos deixar pasar a ocasión de abordar a problemática que agora mesmo ten o sector.