Ciclos formativos para o IES Val do Ouro

Pedro L. Morillo CARTA ABERTA

A MARIÑA

PEPA LOSADA

22 jun 2020 . Actualizado a las 18:47 h.

Procedo a explicar un pouco o acordo para a solicitude de ciclos formativos no IES Alfoz-Valadouro. Tras varios meses de traballo e reunións cos gobernos municipais, Anpas e veciñanza, solicitáronse os seguintes ciclos:

1. Ciclo Superior de Prevencion de Riscos Profesionais.

2. Ciclo Básico de Mantemento de Vivendas.

3. Ciclo Medio de Instalacións Frigoríficas e Climatización.

4. Ciclo Superior de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluidos.

Os principais criterios tidos en conta para esta proposta son: a) Non existe oferta nos IES da bisbarra da Mariña e/ou na provincia de Lugo. b) Os titulados/as teñen unha gran demanda no mercado laboral

c) Existencia de empresas na zona que permitirían: FP Dual, realización da FCT, futuro emprego. É importante ademais lembrar que o IES Alfoz-Valadouro é o único instituto da Mariña que só oferta Educacion Secundaria Obrigatoria. A implantación de Bacharelato é certo que a día de hoxe é inviable, xa que non hai alumnado suficiente e ademais perxudicaríase aos institutos de Foz, Burela e Mondoñedo que reciben alumnado do Val. Porén, a implantación destes ciclos sería positiva non só para o Val, senón para toda a Mariña. Destacar tamén que isto, insisto, é só unha proposta e estamos abertos a estudar todas as posibilidades que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia poña sobre a mesa.

Estou moi orgulloso de todo o traballo realizado e moi orgulloso de poder aportar un pouquiño ao benestar destes 3.679 habitantes que formamos o Val do Ouro.