Conde defende no Parlamento de Galicia que hai alternativas ó peche de Aluminio

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

xoán crespo

O conselleiro de Economía compareceu na Deputación Permanente a petición propia

04 jun 2020 . Actualizado a las 13:31 h.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, compareceu este xoves a petición propia na Deputación Permanente para avaliar a situación da factoría da Mariña. E a mensaxe que trasladou foi que a Xunta defende que hai alternativas para Alcoa San Cibrao se o Goberno fixa un prezo eléctrico competitivo e un plan de investimentos específico para o sector electrointensivo. Conde avogou porque se destine parte dos fondos de reactivación previstos pola Unión Europea a un plan de investimentos que permita impulsar o conxunto de empresas electrointensivas e salvagardar os postos de traballo e dixo que outra alternativa está no Estatuto para os consumidores electrointensivos, que debe establecer un prezo eléctrico estable, de acordo ás alegacións presentadas por Galicia. Dixo tamén que hoxe se reunirá co comité de empresa de Alcoa San Cibrao para trasladarlle o apoio da Xunta.