As xornadas técnicas Expomar serán en xuño e a través de vídeo conferencia

La Voz BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Barállase que as xornadas que sexan os días 18 e 19 ou o 25 e 26

30 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial, que organiza a Fundación Expomar, celebraranse finalmente en xuño a través de vídeo conferencia. Así o decidiu o comité executivo de Expomar, que tamén se referiu a Produart 2020, unha cita que, di, case con total probabilidade non se poderá levar adiante este ano. Barállase que as xornadas sexan os días 18 e 19 ou o 25 e 26.