O BNG presenta unha moción na Deputación hoxe en defensa do emprego en Alcoa e nas auxiliares

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

ALBERTO LÓPEZ

Os grupos do executivo provincial pedirán o apoio do Partido Popular para a aprobación por unanimidade do texto

26 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo provincial do BNG impulsa dúas mocións para o debate no pleno ordinario que a Deputación de Lugo celebra hoxe por vía telemática.

A formación nacionalista promove, como proposta do goberno provincial, unha moción de apoio ás traballadoras e traballadores da factoría de Alcoa San Cibrao e, especialmente, ao persoal das empresas auxiliares afectadas por ERTE tras a decisión da alumineira de suspender as tarefas de rebrascaxe das cubas de electrolise.

Os grupos do executivo provincial pedirán o apoio do Partido Popular para a aprobación por unanimidade do texto, que recolle as reivindicacións que a Plataforma de empresas auxiliares -que aglutina preto dun milleiro de traballadores ? trasladou a todos os grupos políticos.

«A moción propón rexeitar a medida anunciada pola multinacional de non rebrascar as cubas, manifestar o apoio da institución provincial ao persoal afectado polos ERTES nas empresas auxiliares, solicitar a mediación da Xunta, tamén do Goberno, e que non se perdan postos de traballo», sinalan.