No Valadouro dedican 100.000 euros a axudar ás familias a pagar o recibo da luz

La Voz O VALADOURO / LA VOZ

A MARIÑA

No disponible

22 may 2020 . Actualizado a las 22:10 h.

No pleno telemático celebrado no día de ontes polo Concello de O Valadouro, o BNG conseguíu que saira adiante a súa proposta de que as familias do Valadouro sexan beneficiarias tamén de axudas para o pago do recibo da luz. A iniciativa defendida polo portavoz Eduardo Chao, resultou aprobada por maioría, no debate do suplemento de crédito que presentaba a alcaldía, conseguindo que se dotase con 100.000 euros para o presente exercicio a partida 231-48?Axudas destinadas a familias.

Por outra banda, afirmaron tamén os concelleiros do BNG que «nun concello coma o noso, con baixas rentas, poboación envellecida e pensións baixas, entendemos que é obriga do concello mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, evitando que exista pobreza enerxética nos seus fogares. A riqueza que xera o noso concello co vento, debe repercutir de maneira directa nas persoas que viven neste territorio, ademais de compensar o impacto ambiental, paisaxístico e acústico», sinalaba Chao. «Agora só queda elaborar as correspondentes bases para regular estas axudas», concluía o portavoz do BNG.