«A parada de cubas pode afectar a 50 traballadores das auxiliares de Alcoa»

La plataforma de las empresas auxiliares pide que los empleados sean recolocados


viveiro / la voz

«Dende a plataforma das auxiliares de Alcoa San Cibrao queremos amosar a nosa profunda preocupación por este novo anuncio de paro de cubas, que parece amosar que botamos a andar cara o desmantelamento da factoría. O anuncio de parada de cubas, cando chegan o fin do ciclo de vida útil, parece unha mostra de desinterese de voltar a poñelas en funcionamento en canto o mercado mundial se reactive. Alcoa debe ser clara ante cales son as intencións e cal é o plan de futuro da factoría. Esta medida de paro de cubas afecta directamente, e unicamente de momento ao redor de 50 traballadores de empresas auxiliares que agora mesmo ven perigar o seu posto de traballo».

Es el comunicado de la plataforma de trabajadores de las auxiliares de Alcoa, tras el anuncio de la multinacional de dejar inactivas cubas en electrolisis, en la planta de Aluminio, de manera temporal (como informamos en las páginas de Economía).

«Cando esta plataforma botou a andar diciamos que o noso principal medo e que a mínima que chegase un golpe mal dado os primeiros en ver cortado o seu pescozo seríamos nós, os traballadores das auxiliares. Pois ben, por desgraza non fai falta seguir argumentando esa posición. Por isto solicitamos a dirección de Alcoa e a dirección das auxiliares involucradas un compromiso social coa comarca, que ningún traballador vexa eliminado o seu

posto de traballo e sexan recolocados noutras actividades dentro da factoría. Ou, como mínimo, o

compromiso en que ningún traballador verá reducida a súa capacidade adquisitiva», añaden desde la plataforma.

«Esta comarca arrimou o hombro, e segue arrimando, solicitando unha tarifa eléctrica estabel e competitiva para o futuro de Alcoa, pois é o momento de ver agora o compromiso de Alcoa coa comarca e cos seus veciños.

Tamén solicitamos que o comité de Alcoa e as distintas seccións sindicais fagan súas as nosas reivindicacións ao igual que esta plataforma e os seus representados fixemos nosas as súas reivindicacións cando as cremos xustas», añade el comunicado.

«Por último, mandar a nosa forza e total apoio aos traballadores afectados e os delegados sindicais de ditas empresas. Estamos a vivir unha situación social que nos ten as mans atadas, máis estaremos aí como sempre».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«A parada de cubas pode afectar a 50 traballadores das auxiliares de Alcoa»