A Banda O Landro estreará este Xoves Santo unha marcha procesional virtual con máis de 50 músicos

Lucía Rey
lucía rey VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Medio centenar de músicos da Banda de Música O Landro graváronse nas súas casas durante o confinamento para ofrecer un concerto virtual
Medio centenar de músicos da Banda de Música O Landro graváronse nas súas casas durante o confinamento para ofrecer un concerto virtual

A peza «Hosanna in Excelsis», de Óscar Navarro, poderase visualizar no Facebook da formación desde as doce da mañá

09 abr 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis de 50 músicos participaron desde o confinamento nos seus fogares debido ao COVID-19 na gravación da marcha procesional virtual que este Xoves Santo (12 horas, Facebook da Banda) estreará a Banda de Música O Landro de Viveiro. Segundo explica o seu director, Carlos Timiraos, a idea de facer este concerto virtual xestouse como unha especie de regalo á Xunta de Confrarías e aos viveirenses, que sempre acollen «con moitísimo cariño» as iniciativas da formación. Trátase da obra "Hosanna in Excelsis", de Óscar Navarro, que a banda tiña previsto estrear este Xoves Santo. «A peza estaba traballadísima, tiñámolo todo listo e quedou no tinteiro», sinala Timiraos, quen destaca o «importante» labor que están facendo as demais bandas viveirenses, como a da Misericordia ou a Naval.