Pepe Peinó gaña o Premio Obras de Teatro Joven da editorial Dalya

La Voz ALFOZ / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

14 mar 2020 . Actualizado a las 21:43 h.

José Vázquez Peinó acaba de resultar premiado no cuarto Premio Obras de Teatro Joven, que organiza a editorial Dalya, de San Fernando, en Cádiz, coa obra «Algo». O profesor mariñán obtivo o primeiro premio na categoría A, o que implica unha dotación económica, a publicación da obra posiblemente en formato «espello» en castelán e galego, e a súa representación e promoción. No concurso participaron ao redor de 500 obras.